miércoles, 20 de mayo de 2020

Xoves, 21 de maio

Traballamos

LENGUA CASTELLANA


Exercicios páxina 211

Repasamos. Comprueba tus respuestas.

MATEMÁTICAS


                    

Repasamos:  

Restas llevando.

Multiplicación. Empezamos por la tabla del 2.


LINGUA GALEGA




Exercicios páxinas 195 e 196.

Vocabulario. Comproba as túas respostas.

NATURAIS

Tema 6. Máquinas e oficios.

Vídeo. As máquinas.




Despois de ver o vídeo facedes as páxinas 80 - 81. E non vos olvidedes de consultar os dicionarios  que vos puxen no  lateral para aquelas palabras que non coñecedes.



Estou recibindo  traballos de "Mareando Historias" que me gustan moito, están moi ben, pero a algúns fáltalle o debuxo, que se facía noutro folio onde tamén  levaba o título. Acordádesvos? Aínda tedes tempo para facelo e envialo.  Os que faltan recordade facelos antes de  que remate o prazo. Que falta xa pouquiño!! 




Correximos

LENGUA CASTELLANA

Páxina 211.

3.El verbo que debe utilizarse en cada oración es:

- Hacía tiempo que no iba al cine.
- En el parque había muchos niños.
- Hacía tiempo que no jugaba al fútbol.
- En la montaña hacía mucho frío.
- La clase de Lengua ya había terminado.

4. Leeremos el dictado en voz alta y luego lo copiamos en la libreta.

5. Comprobar si habeis realizado el dictado correctamente y completar el apartado de "Autoevaluación".


MATEMÁTICAS

Repaso restas y multiplicaciones.

LINGUA GALEGA

Páxina 195.

19. Ler o poema.

Páxina 196.

1. As oracións completas quedan do seguinte xeito:

- Atopei un billete de cinco euros.
- Manqueime nunha man.
- A galiña e o pito están na granxa.
- O niño está na copa da árbore.
- A parede xa ten unha man de pintura.
- Saquei un billete para o tren.
- O neno gañou unha copa na carreira.
- O pito do árbitro é novo.

2. A modo de exemplo:

- Pequeno roedor de cor gris ou parda.
- Dispositivo manual do ordenador para poder manexar documentos e escribrir na pantalla.
- Peixe duns corenta e cinco centímetros, corpo alongado, mandíbulas aguzadas, a superior máis curta ca a inferior e cor azulada polo dorso e prateada polos francos e o ventre.

NATURAIS

Páxinas 80- 81.

Escribimos:

- Teclado: serve para introducir información ao ordenador.
- Estrela central: peza formada por tres pratos de distintas medidas, os cales unidos a un eixe permiten transmitir o seu movemento de xiro a outra peza do mesmo sistema, por medio de rodas dentadas onde se engrana a cadea e que, movidas polos pedais serven para transmitir a forza mecánica á roda posterior da bicicleta.
A: sarxento.
B: chave inglesa.
C: cortadora de azulexo.

O sarxento utilízase para suxeitar pezas de madeira ata o fraguado da cola ou formigón.
A chave inglesa serve para afrouxar ou axustar porcas e parafusos.
A  cortadora de azulexo utilízase para cortes de azulexos ou cerámicas.
As tres ferramentas utilízanse na construción.

O electrodoméstico é unha máquina que realiza algunhas tarefas domésticas ( cociñar,  conservar alimentos, limpar...) e que funciona con electricidade.

A máquina é unha escavadora,. A súa función é escavar  terreos ou cargar, elevar, xirar e descargar materiais.

1: condutor de escavadora.
2: médico cirurxián.
3: albanel.
4: soldador.

Os condutores de escavadora usan todas as normas de seguridade indicadas no cartel da fotografía 1, para evitar accidentes.
Os cirurxiáns levan batas, máscaras, luvas e gorro, todo esterilizado, para evitar infeccións, deles ao enfermo e viceversa.
Os traballadores da contrución levan cascos para protexerse contra a caída de materiais, luvas para protexer as mans dos materiais que tocan e arneses para non caer cando están en sitios elevados.
Os soldadores utilizan casco, máscara, luvas e unhas lentes protectoras para evitar que o lume lles pioda facer dano.







No hay comentarios:

Publicar un comentario